Sogeviso, co Programa de Acompañamento para a mellora socioeconómica de familias vulnerables (Contrato Social e JoBS), gañou o primeiro premio na categoría Gran Organización outorgado polo Club Excelencia en Gestión no marco da convocatoria aos IV Premios ás Boas Prácticas en Xestión durante o XXVIII Foro Anual. O acto tivo lugar en Madrid de forma presencial e tamén foi retransmitido en liña. En total premiáronse cinco proxectos nas seguintes categorías: Sanidade, Universidade, Educación, Gran Organización e Peme.
Todos os proxectos foron sometidos a unha avaliación exhaustiva por parte dun comité técnico formado por 19 avaliadores expertos en xestión.
Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer, fomentar e potenciar a difusión da xestión excelente, innovadora e sostible das organizacións, en calquera sector, a través do intercambio de coñecemento e experiencias. A organizacións que se presentaron á candidatura buscan recoñecer os seus equipos, darlle visibilidade a aquilo que fan mellor e servir de exemplo para que outros poidan mellorar.