Impulsamos e xestionamos parques de vivendas economicamente sostibles destinados ao alugueiro de vivendas protexidas ou accesibles.
Colaboramos coa Administración Pública para a ampliación do parque de alugueiro accesible podéndose materializar a través de distintos modelos:
empresa mixta, concesión, dereito de superficie ou outros; e xestionamos o parque de alugueiro construído segundo criterios de sostibilidade social, económica e ambiental.
Proxecto
Análise e acompañamento nos procesos iniciais:
Identificación de chans:
- IIdentificación de chans de titularidade pública ou privada susceptibles de destinar a alugueiro accesible.
Análise de proxectos:
- Análise de viabilidade de chans dende o marco urbanístico, o mercado inmobiliario (oferta e demanda) e económico.
Marco xurídico:
- Definición do marco xurídico do proxecto.
Financiamento
Contactos con investidores institucionais interesados en investimento a longo prazo. Xestión financiamento bancario (banca tradicional ou banca pública como BEI, ICO e outros).
Xestión da promoción
Dirección, soporte ou colaboración na posta en marcha de novas promocións de alugueiro accesible.
Xestión do parque de alugueiro accesible
Servizo de xestión e administración do parque de vivendas de alugueiro accesible/social:
Formalización de contratos:
- A formalización de contratos realizarase de acordo coa lexislación vixente e segundo proceda, con anexos correspondentes ao acompañamento social, que contemplan os programas para a axuda á mellora socioeconómica dos inquilinos.
Xestión do cobramento:
- Xestión do cobramento proactiva no caso de impagamentos e busca de solucións socialmente responsables de acordo coas directrices da propiedade.
Renovacións de contratos:
- Xestión específica da renovación ou non renovación dos contratos de alugueiro previa á finalización dos citados contratos.
Adecuación e mantenimiento de viviendas:
- Incluíndo a adecuación da vivenda ás condicións de habitabilidade previa a calquera contrato, a programación do mantemento e a resposta ante calquera incidencia.