Skip to main content
Novas

Proxecto Pathfinder

By 25 Febreiro, 2021Outubro 28th, 2021No Comments

Sogeviso puxo en marcha o Proxecto Pathfinder dirixido a reducir a fenda dixital de familias vulnerables baixo a premisa de que a autonomía dixital é unha peza imprescindible para a inclusión social. Neste sentido o obxectivo de Pathfinder é abordar a fenda dixital a partir de tres grandes piares:

  • Dispoñer das ferramentas para acceder ás tecnoloxías dixitais.
  • Ter as competencias para usar adecuadamente as tecnoloxías.
  • Contar co acompañamento e apoio necesarios para a transición.

O Programa vai destinado a familias en risco de exclusión social para mellorar a súa situación económica, social e educativa e reducir o nivel de pobreza, dependencia e exclusión. Baséase en:

  • Fornecer o equipamento e as habilidades básicas necesarias para que as familias poidan acceder á contorna dixital.
  • Ofrecer aos adultos as ferramentas, coñecementos e orientación dixitais necesarias para acceder ao mercado laboral.
  • Facilitar o acceso e a capacidade de xestionar trámites administrativos, sociais, domésticos e de saúde a través do ambiente dixital.
  • Impulsar o acceso a educación virtual e xerar o contexto para que os menores poidan continuar a súa educación non presencial.
  • Xerar oportunidades de desenvolvemento dixital avanzado nun grupo de beneficiarios que conten coas características e interese determinados.