Skip to main content

Sogeviso colaborou outro ano máis como Gold Sponsor no Congreso Nacional de Servicing Inmobiliario celebrado entre os días 15 e 16 de novembro no Teatro Goya de Madrid

O director xeral de Sogeviso, Javier García del Río, participou o pasado 15 de novembro no debate “Colaboración público-privada nun contexto de altos tipos de xuro e escasa vivenda accesible” que decorreu no 5.° Congreso Nacional de Servicing Inmobiliario organizado por CMS Group Europe celebrado no Teatro Goya de Madrid.

“O perfil do xestor de aluguer accesible é diferente ó dun servicer. Son necesarios xestores integrais (que acompañen durante todo o proceso, desde o deseño do produto ata a súa operación), especializados e tamén con compromiso, con músculo para poder investir en procesos e tecnoloxía e cunha visión a longo prazo”. Esta foi unha das mensaxes transmitidas polo noso director xeral nun debate no que tamén participaron José María García Gómez, viceconselleiro de Vivenda, Transportes e Infraestruturas da Comunidade de Madrid, Miguel Acosta Ramírez, General Counsel en Anticipa Real Estate e Aliseda Inmobiliaria, e Pau Pérez de Acha Beamonte, Dirección de Xestión de Vivenda Social Accesible e Relacións Institucionais da Sareb. Miguel Hernández Moreno, director de Prospectiva e Sostibilidade do Institut Cerdà, foi o encargado de moderar o debate.

Para Sogeviso foi un pracer participar do CNSI por terceiro ano consecutivo e salientar a necesidade de promover a colaboración público-privada en materia de vivenda. Agradecemos ao resto dos participantes o debate realizado, así como aos organizadores e asistentes, esperando que fose de grande interese.

 

Foto: CMS Group Europe

 

Foto: CMS Group Europe

 

Foto: CMS Group Europe

Leave a Reply