Skip to main content

Xestión proxectos alugueiro accesible

Impulsamos e xestionamos parques de vivendas economicamente sostibles destinados ao alugueiro de vivendas protexidas ou accesibles.
Colaboramos coa Administración Pública para a ampliación do parque de alugueiro accesible podéndose materializar a través de distintos modelos:
empresa mixta, concesión, dereito de superficie ou outros; e xestionamos o parque de alugueiro construído segundo criterios de sostibilidade social, económica e ambiental.

Proxecto

Análise e acompañamento nos procesos iniciais:

Identificación de chans:

  • IIdentificación de chans de titularidade pública ou privada susceptibles de destinar a alugueiro accesible.

Análise de proxectos:

  • Análise de viabilidade de chans dende o marco urbanístico, o mercado inmobiliario (oferta e demanda) e económico.

Marco xurídico:

  • Definición do marco xurídico do proxecto.

Financiamento

Contactos con investidores institucionais interesados en investimento a longo prazo. Xestión financiamento bancario (banca tradicional ou banca pública como BEI, ICO e outros).

Xestión da promoción

Dirección, soporte ou colaboración na posta en marcha de novas promocións de alugueiro accesible.

Xestión do parque de alugueiro accesible

Servizo de xestión e administración do parque de vivendas de alugueiro accesible/social:

Formalización de contratos:

  • A formalización de contratos realizarase de acordo coa lexislación vixente e segundo proceda, con anexos correspondentes ao acompañamento social, que contemplan os programas para a axuda á mellora socioeconómica dos inquilinos.
Ver máis

Xestión do cobramento:

  • Xestión do cobramento proactiva no caso de impagamentos e busca de solucións socialmente responsables de acordo coas directrices da propiedade.

Renovacións de contratos:

  • Xestión específica da renovación ou non renovación dos contratos de alugueiro previa á finalización dos citados contratos.

Adecuación e mantenimiento de viviendas:

  • Incluíndo a adecuación da vivenda ás condicións de habitabilidade previa a calquera contrato, a programación do mantemento e a resposta ante calquera incidencia.